A raíña Letizia regresa ao colexio no que estudou de nena para inaugurar o curso escolar
Inaugurou o curso escolar en Oviedo, onde compartiu confidencias cos máis pequenos
No centro Gesta puido reencontrarse cunha chea de recordos
Sen protocolo, nin distancias, os máis pequenos do centro Gesta de Oviedo xeraron os momentos máis tenros da visita da raíña ao que fora o seu colexio de nena. A raíña Letizia non dubidou en sentar cos alumnos de infantil, creando un clima no que tamén houbo confidencias.
A raíña coñece ben as aulas e o corredores, estudou neste centro ata oitavo de EXB. Parte das súas mestras, xa xubiladas, tamén quixeron estar neste acto oficial de inicio de curso para recibir unha exalumna da que gardan bo recordo.
Letizia Ortiz sempre mantivo o seu vínculo con Asturias, onde viaxa toda a familia con frecuencia. Xa no ano 2008, cando aínda era princesa e apenas levaba catro anos casada, visitou o mesmo colexio, polo cincuenta aniversario do centro, daquela acompañada do que na altura era o príncipe Filipe.
Desta vez tampouco dubidou en parar para ver os debuxos dos nenos, sacar fotos cos que agardaban e mesmo dar consellos a quen llos pediu.