Picatoste: "A xudicatura galega mantense firme fronte aos que queren minar a súa credibilidade"
Na apertura do ano xudicial, o presidente do TSXG destacou que os tribunais galegos resolveron o ano pasado máis de 1.000 asuntos cada día, reducindo un 3,5% os casos pendentes
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Ignacio Picatoste, afirma que a xudicatura galega "se mantén firme e serena fronte aos que queren minar a súa credibilidade". Na apertura do ano xudical que se celebrou este venres na Coruña, Picatoste reivindicou a independencia do seu colectivo:
"Admitimos as críticas, pero non os ataques e descualificacións persoais ou colectivas", dixo.
Na súa intervención o presidente do TSXG destacou tamén algúns datos da memoria da institución do ano 2025, entre os que sinalou que os tribunais galegos resolveron o ano pasado máis de 1.000 asuntos cada día, reducindo un 3,5% os casos pendentes. Con todo, Picatoste reclamou máis medios para conseguir unha xustiza máis áxil, para darlle á cidadanía un servizo "que reclama e merece".
Antes del, a fiscala superior de Galicia, Carmen Eiró, marcou os retos do ano xudicial que arranca, entre os que sinalou a violencoa de xénero, os delitos medioambientais, o narcotráfico ou a cibercriminalidade. Eiró defendeu que unha das prioridades da institución que preside é a protección dos máis vulnerables e remarcou a atención aos menores estranxeiros non accompañados que chegan a Galicia.
"A Fiscalía Superior de Galicia en coordinación coas administración autonómica está reforzando o seguimento destes menores. En Galicia imos da man", dixo.