Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tecnoloxía contra velutinas: colocan microchips nas avespas para atopar os niños

Tecnoloxía contra velutinas: colocan microchips nas avespas para atopar os niños

A radiofrecuencia permite seguilas ata niños ocultos ou baixo terra

Apicultores galegos están a probar o sistema nas súas colmeas

G24.gal 19/06/2026 14:03

Galicia é a rexión europea máis afectada pola invasión das velutinas. E as colmeas de Melissa non son unha excepción.

"Hoxe en día unha colmea salvaxe non sería quen de sobrevivir aquí por culpa da velutina. Bloquea as colmeas e as mata", lamenta Melissa Terán, apicultora de Meleiras do Suído.

Por iso hoxe vai probar un sistema inédito para combatelas, a radiofrecuencia. O primeiro paso consiste en poñer un cebo ben azucrado para atraelas.

"A velutina vai voar entre o cebo e o niño, nós temos que atrapar unha e pintala cun rotulador para distinguila. Despois coa axuda da app Vespa finder calculamos o tempo e a distancia e a di que percorre e así logramos ter unha primeira aproximación da zona onde está o niño", di  Abel Kavanagh, representante de Robor Nature, a empresa Holandesa que deseñou esta ferramenta.

Despois chega o momento máis delicado. Toca volver atrapar a avespa para colocarlle o microchip, un dispositivo recuperable con batería para tres días e un peso asumible.

"O transmisor pesa 160 mg, a avespa ten que pesar máis de 300 mg para poder voar con el  cara o niño e regresar despois".

Despois chega o momento de cazar os niños seguindo o sinal que emite a avespa cunhas pistolas receptoras.

"Esa parte semella un xogo de cazar Pokemons. Cada vez que un se achega ao niño onde foi a velutina co transmisor o receptro pita máis forte e ten máis luz led no receptor".

E seguindo a pista chegamos á orixe do problema, os niños. Bombas de veleno que tocará destruír chamando o 112.

"O 80% dos niños que atopamos ata agora están ocultos baixo terra, son un perigo, hai xente que morreu rozando o mato ou pisándoos", comenta Abel.

"Atopalos nesta época é o máis dificil, así que a miña socia e eu estamos entusiasmadas cunha técnica que vemos que funciona polos niños que atopamos de momento", conclúe Melissa.

Unha solución innovadora para frear a invasora más temida do rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade