Publicador de contidos

Publicador de contidos

A galega Vig-Sec Drone, seleccionada pola OTAN para o programa de aceleración de innovación

A galega Vig-Sec Drone, seleccionada pola OTAN para o programa de aceleración de innovación

A compañía de Vigo é unha das quince empresas seleccionadas a nivel mundial pola Alianza Atlántica

A participación responde as súas capacidades para a xestión e coordinación táctica do espazo aéreo de media e baixa cota denominada Suite ACRE

Imaxe da proba do software Suite ACRE de Vig-Sec Drone. Europa Press-Arquivo. Imaxe da proba do software Suite ACRE de Vig-Sec Drone. Europa Press-Arquivo.
G24.gal 02/09/2026 15:37

A compañía galega Vig-Sec Drone é unha das 15 empresas a nivel mundial seleccionadas pola OTAN para participar no seu programa Acelerador de Innovación en Defensa para o Atlántico Norte (DIANA, polas súas siglas en inglés).

Vig-Sec Drone é unha compañía especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para a xestión do espazo aéreo, operacións profesionais e formación para defensa, seguridade, emerxencias e industria.

A súa participación na aceleradora responde as súas capacidades para a xestión e coordinación táctica do espazo aéreo de media e baixa cota denominada Suite ACRE, no marco da fase Mission Track.

A participación desta compañía nesta fase da aceleradora tecnolóxica posibilitaralle presentar a súa tecnoloxía aos departamentos de Defensa dos países membros da Alianza Atlántica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade