Publicador de contidos

Publicador de contidos

A alerta laranxa no mar non se deixa notar nos mercados galegos

A alerta laranxa no mar non se deixa notar nos mercados galegos

Ao coincidir venres, os barcos regresaron a porto cargados para descansar a fin de semana

G24.gal 23/10/2026 14:03

A xulgar polas imaxes, o mal tempo no mar, polo de agora, non está a ter consecuencias na oferta de peixe nos mercados.

 "Non afecta porque, ao ser venres, os barcos xa viñan a porto para descansar a fin de semana".

Os vendedores din que non botan nada en falta. 

"Non faltou nada". "Agás o xureliño pequeno, que non houbo. Do resto, de todo".

O que si subiu foi a pescada, porque hai escaseza, malia que non polo temporal.

"Pescada hai pouca". "Subiu de 15 a 18 euros o quilo".

Porén, cando os temporais obrigan a frota a permanecer amarrada a porto, hai consumidores que optan por mercar, previamente, máis cantidade de peixe para poder conxelalo na casa.

"Conxelan choupa ou lura, por exemplo, para poder facer un guiso".

Este venres hai peixe a esgalla... pero tamén marisco, malia que si entrou menos cantidade.

"Afectoulle o temporal. Hai menos, pero hai de todo. Entrou un pouco de cigala, camarón, percebes e ata nécora".

A previsión, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, é que os barcos volvan a pescar o luns, recuperando a súa actividade habitual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade