Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coa chegada do frío dispárase a demanda de mel

Coa chegada do frío dispárase a demanda de mel

Para asegurarse de que o produto é auténtico, cómpre mercarllo a un apicultor de confianza ou que teña o selo de Mel de Galicia

Mel á venda nunha tenda do centro de Lugo, envasado por un apiculor profesional do Corgo
Félix Aragunde 22/10/2026 14:11

Coa chegada do frío, dispárase a demanda de mel, aínda que se consome durante todo o ano. Os amantes deste produto procuran mercárllelo directamente aos apicultores ou adquirilo en comercios de confianza. 

"O mel que temos é de Guitiriz. Dun apicultor, co que hai unha dimensión humana, que aplica o mimo no que fai. E con toda a transparencia do mundo", sinala Alberte Xoán Pérez, xerente da queixería Amarela de Lugo. 

"É un mel de aquí, de mil flores, a doce euros o bote. E é un mel bo, porque non está adulterado nin nada. É de Sande, do Corgo, ao lado de Lugo", salienta Yolanda Pérez Blanco, dependenta dunha froitería de El Castillo. 

É o que recomendan os expertos neste produto, ante a imposibilidade de saber se se trata dun mel auténtico se non se analiza. Outra opción é adquirilo etiquetado, ben co selo de Mel de Galicia ou co do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica. 

"Primeiro, que lla compre a un apicultor que coñeza, que sexa de confianza. Nas feiras locais adoita haber apicultores da zona. É fóra diso, que o mel leve a etiqueta da indicación xeográfica, no caso galego Mel de Galicia ou incluso de CRAEGA. Son as únicas maneiras de estar seguros de que é un produto de verdade xunto coa confianza no envasador, porque a análise polínica un particular non a vai facer", explica Abel Yáñez, expresidente da Asociación Galega de Apicultura. 

Estímase que en Galicia hai actualmente unhas 5.000 explotacións apícolas, que producen cada ano preto de 400.000 quilos de mel certificado.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade