Publicador de contidos

Publicador de contidos

As grandes empresas advirten dunha caída do consumo pola inflación e a suba do prezos

As grandes empresas advirten dunha caída do consumo pola inflación e a suba do prezos

Reclaman a redución dos impostos dos alimentos básicos e as subministracións enerxéticas

G24.gal 22/10/2026 14:34

A suba do prezos dos produtos básicos e da enerxía están comezando a afectar o consumo. É a advertencia que lanza a patronal das empresas de gran consumo. Por iso, teñen unha petición para o goberno que saia das urnas do 29 de novembro: a redución dos impostos dos alimentos básicos e as subministracións enerxéticas.

Cada vez que imos ao mercado sofre o peto. Froita máis cara, carne máis cara ou peixe máis caro. O mesmo pasa cando miramos a factura da luz ou á hora de botar combustible na gasolineira.

Unha situación que notan os consumidores. E tamén as empresas de gran consumo. Dende fabricantes ata distribuidores. A súa patronal, AECOC, advirte de que a persistencia da inflación e o aumento continuado dos prezos comeza a dar sinais de debilitamento do consumo.

Por iso, as empresas de gran consumo poñen deberes ao goberno que saia das urnas. Piden recuperar o IVE reducido ou do cero por cento para os alimentos básicos. E propoñen reducir a carga fiscal que soportan as subministracións enerxéticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade