Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inflación come as melloras salariais pactadas polos traballadores

A inflación come as melloras salariais pactadas polos traballadores

Os asalariados perden poder adquisitivo

Os sindicatos reclámanlle ao goberno que aprobe a suba pactada para os funcionarios

G24.gal 21/10/2026 14:46

Que os soldos dos traballadores cada vez dan para menos é unha realidade. Os prezos, efectivamente, subiron máis que os salarios. A inflación roza en España o 5 % e, con todo, a suba media pactada convenios colectivos en vigor é só do 3 %.

Armando Iglesias, secretario de Negociación Colectiva de CCOO Galicia, sinala que, dende o 2017 ata o 2026, a suba dos salarios acadou o 24,1 %, mentres o IPC subiu ata o 25,3 %. Hai, polo tanto, unha desviación en negativo do 1,2 %.

Os sindicatos apunta outro factor na perda de poder adquisitivo: o imposto da renda, que non se adaptou ao que subiu a vida.

José Francisco Méndez, presidente de CSIF Galicia, recórdanos que "ao subir de táboa salarial pagas máis impostos". Na súa opinión, "non se gaña poder adquisitivo se non se deflacta o IRPF e se adapta ao IPC".

Só o 30 % dos convenios teñen o que se chama cláusula de garantía salarial, que se activa cando o IPC sobe máis que a mellora pactada.

Armando Iglesias, de CCOO Galicia, engade: "dentro dese 30 %, so van revisarse ata un máximo do 1 % ou, non mellor dos casos, do 2 %, unha revisión topada" que non chegaría para compensar a inflación.

Con esa idea negociaron os funcionarios unha suba do cinco por cento en 2027, para  "cubrir custes, e non seguir perdendo poder adquisitivo porque se disparou a inflación", segundo apunta José Francisco Méndez, presidente de CSIF Galicia.

O acordo está pechado, pero os sindicatos temen que o adianto electoral acabe interferindo. Polo momento o Goberno central non puxo data para aprobar esta suba.

"Os alugueiros, as hipotecas, non esperan. Nós queremos a suba salarial en xaneiro e para iso queremos que saia o real decreto xa", insiste Méndez. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade