Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mellor mel do mundo, da Ribeira Sacra

O mellor mel do mundo, da Ribeira Sacra

A produción dun apicultor do Saviñao obtén a medalla de platino á calidade nos premios internacionais de Londres

Un dos cinco apiarios da explotación, que conta cunhas trescentas colmeas
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas e Afonso G. Novoa. 29/05/2026 21:11 Última actualización 29/05/2026 21:19

Das colmeas dunha explotación apícola do Saviñao, na Ribeira Sacra, sae un dos mellores meles do mundo. Así o indica a medalla de platino á calidade que acaba de gañar nos últimos premios internacionais celebrados en Londres.

"Eu creo que a excelencia está en facer as cousas con amor, con cariño. Pregúntanos moita xente que é o que lle facemos ao mel, e ao noso mel non lle facemos nada. É un mel natural, sacado en cru, que nos avala durante tantos e tantos anos e que nos leva comprando moita xente, confiando en nós", sinala Toni Fernández, xerente de Pura Mel Sacra

Non foi o único galardón que este mel obtivo no certame londiniense. Tamén foi distinguido, neste caso coa medalla de ouro, pola súa presentación e pola súa imaxe, que conxugan tradición e modernidade. Non en van, o titular da explotación premiada pertence xa á cuarta xeración dunha familia de apicultores.

"Empezou meu bisavó Xosé, e a miña avoa Pura e meu pai, que con 85 anos segue coas súas colmeíñas, loitando día a día. Levamos traballado moito, a verdade", subliña o apicultor. 

"Meu papá tivo tamén as abellas. Eu fun un emigrante, e cando viñen de Alemaña comprei as abellas. E desde tiven bastantes abellas e colleitei bastante mel", engade seu pai, Antonio Fernández

Nas últimas edicións doutro prestixioso certame internacional, o de París, o mesmo mel foi distinguido coa medalla de ouro dúas veces consecutivas. Trátase, ademais, do único produto que loce as etiquetas da IXP Mel de Galicia, Artesanía Alimentaria e Galicia Calidade.

Nos mesmos premios, o mel saviñao obtivo o ouro no apartado da presentación e da imaxe Nos mesmos premios, o mel saviñao obtivo o ouro no apartado da presentación e da imaxe
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade