Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha adega de Riotorto consegue dúas medallas nun concurso internacional de sidra en Xixón

Unha adega de Riotorto consegue dúas medallas nun concurso internacional de sidra en Xixón

O dobre recoñecemento foi por un espirituoso de sidra e por un amargo, elaborado de xeito artesanal nun lagar creado hai catro anos

G24.gal 06/11/2026 20:55 Última actualización 06/11/2026 21:12

Recuperar as maceiras da casa familiar foi o que animou a creación deste negocio que vén de recibir un dobre recoñecemento no Salón Internacional das Sidras de Gala de Xixón. 

Asentado no Concello lucense de Riotorto, hai catro anos que comezaron coa restauración da casa e a construción dun lagar soterrado. Fixérono para pór en valor o produto da zona. 

Dedícanse á elaboración artesanal de sidra, e tamén de zume e vinagre. Os premios chegáronlles por un espirituoso de sidra salvaxe e un amargo.

O produto deste lagar impúxose sobre 323 elaboracións de 35 países. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade