Publicador de contidos

Publicador de contidos

Núñez Feijóo promete baixar o imposto da renda e o IVE se chega á Moncloa

Núñez Feijóo promete baixar o imposto da renda e o IVE se chega á Moncloa

O presidente do PP rexeitou a violencia rexistrada esta semana nas rúas da Coruña 

No acto, celebrado en Vigo, estivo arroupado por Alfonso Rueda quen dixo que Galicia lle dará o empurrón que precisa para ser o presidente do Goberno 

EFE/ Salvador Sas
G24.gal 24/10/2026 14:33

Alberto Núñez Feijóo dixo que os sectarios e os que queren impoñer non son Galicia. 

"Buscan axitar a rúa que lles dá as costas. Hai partidos que o alentan publicamente. Aquí o sabedes ben. E iso é lamentable. Cando vin en todas as noticias de España como estaba a praza de María Pita e os seus arredores, é evidente que iso non ten nada que ver con esa cidade nin con esta comunidade. Tan lamentable como gobernar España e anunciar un noiro para illar aos que non pensan coma ti", dixo  o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo. 

No mesmo acto de precampaña Alfonso Rueda afirmou que os galegos foxen dos extremos.

"Orgullosamente galegos e españois, sen renunciar a unha cousa nin a outra. Iso é Galicia e iso é o Partido Popular de Galicia. Que o saiban os salvapatrias da extrema esquerda e da extrema dereita", engadiu o líder dos populares galegos, Alfonso Rueda. 

Feijóo comprometeuse a baixar impostos. 

"Comprométome a baixar o imposto da renda porque non foi axustado á inflación desde o ano 2022. Quero comprometerme a baixar o IVE dos alimentos básicos e da luz. IVE cero mentres dure a inflación", afirmou Feijóo durante outro momento do acto en Vigo. 

Rueda insistiu en que Galicia será o motor que lle permita a Feijóo cambiar España. 

"O Partido Popular de España agarda que o Partido Popular de Galicia sexa o motor de cambio que ten que vir. Por iso vos pido que o demos todo, máis ca nunca. Imos a por todas, no mellor momento." pediulle Alfonso Rueda aos asistentes.

Para Alberto Núñez Feijóo Galicia é o seu mellor aval. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade