Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rego, Da Silva, Rodil e Presas, cabezas de lista do BNG nas eleccións do 29N

Rego, Da Silva, Rodil e Presas, cabezas de lista do BNG nas eleccións do 29N

Os nomes deunos a coñecer Ana Pontón, nun receso do Consello Nacional

A formación reivindica o traballo desenvolvido durante a lexislatura e sitúa a defensa dos intereses galegos no centro do seu discurso electoral
 

Ana Pontón preside o Consello Nacional del BNG no que se aprobou as candidaturas. ( EFE/Xoán Rey) Ana Pontón preside o Consello Nacional del BNG no que se aprobou as candidaturas. ( EFE/Xoán Rey)
G24.gal 24/10/2026 13:35 Última actualización 24/10/2026 13:57

Néstor Rego, Carme da Silva, Olalla Rodil e Noa Presas serán os cabezas de lista do BNG pola Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense, respectivamente, nas eleccións xerais que se celebrarán o domingo 29 de novembro.

Os nomes deunos a coñecer esta mañá a voceira nacional da formación nacionalista galega, Ana Pontón, nun receso do Consello Nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, no que se aprobaron as candidaturas para os comicios xerais.

"Son persoas con experiencia, cunha traxectoria diferente pero cunha mesma forma de entender a política: estar na defensa de Galicia sen complexos e sempre ao lado da xente e das causas xustas", afirmou Pontón.

A política nacionalista citou os nomes dos cabeza de lista para asegurar que con eles o BNG vai "a por todo e a por todas". A súa formación –dixo– "non ten límites e nestas eleccións imos volver demostralo". 

De Néstor Rego, portavoz do BNG no Congreso na última lexislatura, Ana Pontón dixo que durante os últimos anos "foi a voz de cada problema, de cada demanda de galicia en Madrid".

"Hai que dicilo con humildade pero con realismo: el fixo máis por Galicia que os 22 restantes ao servizo das forzas estatais", afirmou a portavoz nacional.

Experiencia política, capacidade de xestión e coñecemento de "os retos que temos por diante", dixo da cabeza de lista por Pontevedra, Carme da Silva.

A senadora na pasada lexislatura é, en palabras de Pontón, "garantía de defensa dos intereses dos galegos e as galegas e das maiorías sociais".

Das deputadas autonómicas Olalla Rodil e Noa Presas, que encabezarán as listas por Lugo e Ourense, respectivamente, destacou a súa enerxía e determinación, e subliñou que coñecen "moi ben" o que Galicia necesita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade