Rueda e Fernández Mañueco apostan polo cambio de ciclo político desde a centralidade
Os presidentes de Galicia e de Castela e León participan na terceira edición do Foro dos Ancares
As escenas de violencia nas rúas preocupan os presidentes de Xunta de Galicia e de Castela e León. Di Alfonso Rueda que responde a unha estratexia marcada e pide claridade na condena deste actos.
"Tolerancia cero con estes actos e con aqueles que se poñen de perfil para non dicir que os condenan. En Galicia está pasando. O grupo municipal do BNG na Coruña non foi capaz de dicir que era intolerable", di Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
"Temos que traballar desde a sensatez para dar resposta ás preocupacións da rúa", afirma Alfonso Fernández Mañueco, Presidente da Junta de Castela e León.
Unha resposta, di Mañueco, que ten que vir do novo Goberno que saia das urnas. Coincide co presidente da Xunta en reclamar un cambio de rumbo no goberno de España.
"Para Galicia e para Castela e León o balance deste goberno é cero ou nada. Foi unha lexislatura fracasada e o que necesitamos é un goberno", di Mañueco.
"E o momento de falar. E Galicia necesita que España teña un cambio de rumbo. Así non podemos seguir", asegura Alfonso Rueda.
Entre as medidas que reclaman está unha nova política de vivenda que dea resposta á demanda da sociedade e un novo modelo de financiamento autonómico que teña en conta as particularidades de Galicia e de Castela e León.