O PSOE "aparta" das listas o deputado coruñés Diego Taibo, propietario de 9 inmobles
A dirección galega nega que "criminalice" os propietarios
Os populares acúsanos de quedar "sen argumentos" polas súas contradicións
O BNG pide concentrar o voto de todos os descontentos cos partidos á esquerda do PSOE
Móvense as fichas na precampaña galega. Os partidos intensifican a fontanería interna para tratar de unir todas as sensibilidades. Nas filas socialistas dan por pechada a polémica arredor das listas, especialmente as do Senado e sacan peito da democracia interna
Nas do Congreso non estará o deputado Diego Taibo. O coruñés, propietario de 9 inmobles, non repetirá, pero a dirección galega aclara. Os nacionalistas farán oficial esta fin de semana as candidaturas ao Congreso e ao Senado. Nestor Rego será de novo cabeza de cartel e avanza un dos eixes da campaña. A necesidade de concentrar o voto dos decepcionados cos partidos á esquerda do PSOE.
O Partido Popular saca peito dos seus cabeza de cartel, confirmados nas últimas horas. Como principal novidade a marcha a Madrid do exconselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Encabezará a lista por Pontevedra. E pídenlles aos socialistas que non sigan dando leccións sobre vivenda. Estratexias distintas para un mesmo obxectivo. Arranca o choque electoral.