Galicia pide ao Goberno que fixe unha data para celebrar a comisión mixta sobre transferencias
Queda por ver se o calendario electoral afecta tamén a asuntos aínda pendentes para Galicia. Entre eles, o traspaso das competencias sobre os permisos de traballo para estranxeiros.
É clave para a incorporación de novos empregados en sectores como os coidados, a hostalaría ou a construción. A Xunta solicitou o traspaso en xuño de 2025 e confía en que se faga efectivo antes da campaña.
O tempo aprema. O Goberno central asume que ata que comece a campaña se van pechar acordos. Ángel Víctor Torres, ministro de Política Territorial, falaba en Canarias, imos ter reunións bilaterais, dicia, pero referíase tamén a outras comunidades.
E unha das comunidades que espera é Galicia. As transferencias pendentes son a dos aeródromos non considerados de interese xeral e as competencias sobre permisos de traballo, esta última considerada estratéxica polo Goberno galego para responder ás necesidades reais do mercado laboral. Galicia insiste para fixar a data de celebración da comisión mixta que formalice os traspasos.
O que pide Galicia, a xestión dos permisos de traballo, o Goberno xa llo traspasou ao País Vasco en xullo do 2025.