Tellado, Conde, Vázquez e Comesaña encabezan as candidaturas do PP nas catro provincias
O PP publica as cabezas de lista en Galicia para as eleccións
Francisco Conde e Ana Vázquez repiten en Lugo e Ourense
O que fora conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña ocupará o primeiro posto en Pontevedra
Miguel Tellado, número un pola Coruña, é o único que xa estaba confirmado polo partido
O PP pechou as cabezas de lista en Galicia e fíxoas públicas este martes: xunto a Miguel Tellado, secretario xeral do partido e quen xa fora confirmado como cabeza de cartel pola Coruña, repetirán Francisco Conde por Lugo e Ana Vázquez, no foco nas últimas semanas polo episodio do gas pementa no Congreso, por Ourense.
A principal novidade nos cabezas de lista galegos do PP chega na provincia de Pontevedra, onde Julio García Comesaña, quen foi conselleiro de Sanidade con Alberto Núñez Feijóo, e exercía agora de secretario na Mesa do Parlamento de Galicia, ocupará o posto 1 da candidatura á Cámara baixa.
"Todos eles traballarán sen descanso para que Galicia sexa o motor de cambio que levará a Alberto Núñez Feijóo á Presidencia do Goberno de España", trasladou o PPdeG.