Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno declarará zona catastrófica os municipios afectados pola dina Adam

O Goberno declarará zona catastrófica os municipios afectados pola dina Adam

Anunciouno o presidente, Pedro Sánchez, no Posto de Mando Avanzado de Oliva, en Valencia

Pedro Sánchez visitou este martes o Posto de Mando Avanzado de Oliva Pedro Sánchez visitou este martes o Posto de Mando Avanzado de Oliva
G24.gal 20/10/2026 14:01

O Goberno aprobará a declaración dos municipios afectados pola dina Adam como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, segundo anunciou este martes o presidente do Executivo, Pedro Sánchez, no Posto de Mando Avanzado de Oliva (Valencia).

Sánchez, xunto ao president da Generalitat, Juanfran Pérez Llorca, reuniuse en Oliva cos responsables dos dispositivos de emerxencias e de coordinación, e con alcaldes dos municipios afectados pola dina Adam, que no litoral sur de Valencia e o litoral norte de Alacant deixou acumulados de choiva de máis de 700 litros por metro cadrado.

Tras a reunión, o presidente afirmou nunha declaración institucional que o Goberno "por suposto, vai estar" na reconstrución e poñerá os recursos económicos e facilitará a axilidade na contratación pública para que os afectados recuperen "canto antes a normalidade", e urxiu de novo a "un gran pacto de país fronte á emerxencia climática".

 Pola súa banda, Llorca garantiu que todas as administracións colaborarán "para recuperar canto antes a normalidade" tras esta emerxencia. Para iso pediu antepoñer os intereses privados "por encima de calquera interese político".

O xefe do Consell sinalou que "esta vez avisóusenos con tempo das predicións meteorolóxicas" e, a partir de aí, destacou que todas as administracións e efectivos mobilizados demostraron coordinación. Tamén pediu traballar nun plan de forma consensuada que mellore as infraestruturas hídricas de "toda a Comunitat Valenciana", non só en zonas afectadas por unha catástrofe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade