Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda responde as preguntas da oposición no Parlamento de Galicia

Rueda responde as preguntas da oposición no Parlamento de Galicia

A oposición preguntará a Rueda polas desigualdades e outros problemas prioritarios da cidadanía

Poden seguir a sesión en G24.gal

 

directo
G24.gal 21/10/2026 09:21

Arrinca ás 10:00 da mañá o pleno no Parlamento galego coa sesión de control ao Goberno. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, responderá as preguntas formuladas polos líderes da oposición nun pleno que estará centrado, de novo, no problema da vivenda.

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro dirixirase a Rueda para coñecer como pensa afrontar a Xunta os principais problemas dos galegos e galegas.

A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, sobre as medidas que prevé tomar a Xunta ante as desigualdades que viven os galegos e as galegas.

Poden seguir a sesión en G24.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade