Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Constitucional decide se admite o recurso do Defensor do Pobo pola lei de netos

O Constitucional decide se admite o recurso do Defensor do Pobo pola lei de netos

Un informe dos letrados considera prematuro que o alto tribunal admita o recurso de amparo 

 

G24.gal 21/10/2026 07:42

O Pleno do Tribunal Constitucional decide este mércores sobre a admisión a trámite, ou non, do recurso do Defensor do Pobo contra a resolución do Supremo de suspender o dereito ao voto aos nacionalizados pola coñecida como lei de netos. Ao recurso do Defensor do Pobo sumouse un cidadán particular afectado pola suspensión cautelar.

Un informe dos letrados do Tribunal Constitucional considera prematuro que o alto tribunal admita o recurso de amparo presentado polo Defensor do Pobo. De acordo cos datos da Avogacía do Estado, un total de 163.020 nacionalizados en virtude da citada lei foron incorporados ao censo.

A Xunta Electoral Central (XEC) acordou enviar a documentación electoral a todos os rexistrados no Censo Electoral de Residentes Ausentes, avisando de que non todos poderán exercer o dereito ao voto. O obxectivo é que a documentación necesaria para votar chegue a todos os que non estean afectados pola sentenza do Supremo. Tras esta decisión o Supremo deu un prazo de 24 horas, que remata este mércores ás 15:00, para que as partes presenten alegacións á decisión da Xunta Electoral Central.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade