Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra

Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra

O profesor da Universidade de Vigo substitúe no cargo a Abel Losada, cabeza de lista do PSOE ao Congreso pola provincia 

Foto: Universidade de Vigo Foto: Universidade de Vigo
G24.gal 22/10/2026 12:38

O profesor da Universidade de Vigo (UVigo) Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra en substitución do vigués Abel Losada, que deixou o cargo para encabezar a candidatura do PSOE ao Congreso dos Deputados pola provincia para as eleccións do próximo 29 de novembro.

Lago Ferreiro, que xa foi nomeado de forma provisional, tomou posesión como novo subdelegado este xoves. Ademais, tal e como informaron fontes consultadas por Europa Press, o próximo día 30 de outubro prevese que teña lugar un acto institucional con motivo da súa designación.

Nado en Silleda (Pontevedra) en 1962, é licenciado en Ciencias Físicas, especialidade en Electrónica, pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor enxeñeiro industrial pola Uvigo.

Formou parte do anterior equipo reitoral que dirixiu a Universidade de Vigo e o de subdelegado é o primeiro cargo público que ocupa fóra do ámbito académico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade