Publicador de contidos

Publicador de contidos

As protestas contra a "represión policial" da Coruña deixan estragos por toda a cidade

As protestas contra a "represión policial" da Coruña deixan estragos por toda a cidade

Arredor de 2.500 persoas manifestáronse "contra o fascismo e a violencia policial" ata da Delegación do Goberno, nunha mobilización que rematou tamén con cargas policiais

Desde a Delegación afirman que as protestas da noite non foran comunicadas oficialmente

Os  altercados rexistrados tras o acto de Vox en María Pita remataron con 3 detidos e 15 feridos, dos que 12 son policías

G24.gal 22/10/2026 07:12

A cidade da Coruña amence con varios incendios no mobiliario urbano causado durante as protestas rexistradas na noite deste martes contra "o fascismo e a violencia policial". Unha acción reivindicativa convocada tras os altercados rexistrados durante a mañá en María Pita durante un acto de Vox, que rematou con cargas policiais e unha ducia de feridos.

Cando a maioría das arredor de 2.000 persoas que apoiaron as protestas marcharan xa, a policía empezou a disolver ao arredor dun cento de manifestantes que permanecían na zona empregando porras e gases lacrimóxenos, mentres os manifestantes guindaban petardos, queimaban colectores, montaban barricadas con valos de obra da zona do Obelisco e insultaban os axentes.

Nas protestas, coreaban consignas como  "A miña arma é a rabia do pobo" ou "Aquí estamos os antifascistas". A xornada rematou con importantes estragos en expositores e no mobiliario urbano da cidade. Os bombeiros tiveron que actuar na Avenida da Mariña, Juan Flórez, Sinfónica de Galicia e a Glorieta de América, recollendo restos de lixo e retirando colectores queimados.

A Delegación do Gobierno afirma que as manifestacións da noite non foran comunicadas oficialmente.

Nas protestas, convocadas polo BNG, a CIG, Galiza Nova e Erguer, participaron o Sindicato de Estudantes, a Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS), o Sindicato de Vivenda e a CNT, entre outros. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade