Publicador de contidos

Publicador de contidos

A dermatite atópica grave, unha enfermidade escasamente coñecida e que padecen máis de 1.660 galegos

A dermatite atópica grave, unha enfermidade escasamente coñecida e que padecen máis de 1.660 galegos

Para intentar transmitir como é a vida con esta doenza, o hospital de Santiago de Compostela acolle unha exposición na que se mostra unha mostra da pel de tres afectados

G24.gal 27/11/2026 09:21 Última actualización 27/11/2026 10:00

Janaina, Marta e Gonzalo son algúns dos máis de 1.600 galegos e galegas que teñen que lidar coa dermatite atópica grave, unha enfermidade moi pública na súa forma leve pero escasamente coñecida cando é grave.

O seu principal síntoma é o proído intenso e persistente que remata en lesións cutáneas polo rascado, en problemas de sono, en dor e ata interfire no traballo, nos estudos e nas relacións persoais.

No hospital de Santiago de Compostela (CHUS) investigan e realizan ensaios cínicos que xa deron con fármacos innovadores. Respecto a isto, a xefa de servizo de dermatoloxía da Área Sanitaria de Compostela e o Barbanza, Ángeles Flórez conta como nos últimos quince anos se viviu "unha revolución no coñecemento do porqué".

Os afectados din que quererían mudar a pel. De aí o título da exposición, "Oxalá puidera", que acolle o CHUS, na que se mostra unha réplica da pel de Janaina, Marta e Gonzalo, para tratar de transmitir como é a vida con dermatite atópica grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade