Publicador de contidos

Publicador de contidos

Raphael suspende o seu concerto na Coruña a última hora por unha indisposición

Raphael suspende o seu concerto na Coruña a última hora por unha indisposición

O artista tivo que ser trasladado ao hospital Quirón tras sufrir unha suba de tensión e taquicardias

O público foi avisado por megafonía media hora antes da actuación no Coliseum

Imaxe do escenario no Coliseum. Imaxe cedida por María Plaza Imaxe do escenario no Coliseum. Imaxe cedida por María Plaza
G24.gal 21/11/2026 21:51

O cantante Raphael suspendeu a última hora o concerto que tiña programado este sábado na Coruña por unha indisposición.

O artista foi atendido por persoal sanitario despois de que cara ás 20 horas, apenas trinta minutos antes do concerto, se sentise mal tras unha suba de tensión e taquicardias, segundo fontes municipais.

Raphael foi trasladado ao hospital Quirón, onde, previsiblemente, pasará a noite.

O público que agardaba o seu concerto no Coliseum foi avisado por megafonía cando se achegaba a hora do concerto.

Raphael atópase inmerso na xira 'Raphaelísimo', coa que retomou a súa axenda de concertos e repasa os grandes himnos da súa carreira, coma 'Escándalo' ou 'Mi gran noche', xunto a cancións do seu álbum 'Ayer... aún', publicado en 2024 como homenaxe á canción francesa.

O tour arrincou en 2025 co seu regreso aos escenarios en Mérida e tivo continuidade en España e América, con datas en cidades coma Madrid, Sevilla, Zaragoza, València ou Barcelona, ademais de varias prazas latinoamericanas.

Momento no que os asistentes son informados da cancelación do concerto. Imaxe cedida por María Plaza Momento no que os asistentes son informados da cancelación do concerto. Imaxe cedida por María Plaza
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade