Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aubameyang, ante o Barça: "Hai que xogar sen complexos e crer en nós"

Aubameyang, ante o Barça: "Hai que xogar sen complexos e crer en nós"

O dianteiro do Deportivo apela á humildade e á confianza no equipo para afrontar o duelo contra un dos mellores conxuntos do mundo

O atacante recoñece que garda recordos da súa breve etapa azulgrana, aínda que asegura que o partido non ten un significado especial para el

G24.gal 26/11/2026 13:45 Última actualización 26/11/2026 13:53

Pierre-Emerick Aubameyang compareceu na sala de prensa na véspera do Deportivo-Barcelona cunha mensaxe clara: ambición, confianza e ausencia de complexos. O dianteiro deportivista é consciente da dificultade que supón medirse a un dos grandes do fútbol mundial, pero considera que o equipo ten argumentos para competir se mantén a actitude que amosou desde o comezo da tempada.

"Temos que loitar e dar o máximo e despois xa veremos como vai o partido. Non será fácil, pero nestes partidos non necesitas moita motivación porque sabes que xogas contra un dos mellores equipos do mundo. Sei que os rapaces estarán preparados para o partido", explicou.

O atacante insistiu na necesidade de manter a personalidade sobre o terreo de xogo e non deixarse intimidar polo nome do rival. «Hai que deixalo todo no campo, como fixemos desde o principio da tempada. Xogar sen complexos e crer en nós porque temos un bo equipo. E ter humildade», sinalou.

O encontro terá tamén un compoñente persoal para Aubameyang, que defendeu a camiseta do Barcelona durante unha breve etapa. Porén, o futbolista quixo restarlle importancia a ese reencontro.

"Para min, xa hai tempo. Sempre penso nese breve momento no Barça, pero non é especial. É un partido contra un dos mellores equipos e nada máis", afirmou.

Aubameyang afronta así un partido de máxima esixencia coa intención de que o Deportivo poida competir desde as súas propias fortalezas. A receita que propón pasa por combinar a humildade ante a dimensión do adversario coa convicción de que o equipo está preparado para plantarlle cara.

A comparecencia de Aubameyang chega, ademais, despois de que un dos seus vehículos se vise implicado esta mañá nun accidente de circulación na AP-9. O sinistro produciuse arredor das 9.23 horas, no quilómetro 16, á altura de Piadela, en Betanzos, en dirección de saída da Coruña.

Na colisión estiveron implicados dous turismos: un Ferrari F12 N-Largo propiedade do xogador do Deportivo e un BMW X1, que envorcou e sufriu importantes danos materiais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade