A bancada de Tribuna de Balaídos terá un aforo de 14.275 espectadores tras a reforma
Espérase que a FIFA visite o estadio este mes de decembro
Presentado o proxecto da reforma da bancada de tribuna en Balaídos para o mundial 2030
As obras comezarían en outubro do próximo ano e serán uns 26 meses de obras. Esta mañá os técnicos explicaron o proxecto de reforma na bancada de Tribuna. Un documennto que remitirán a FIFA e ao resto de administracións.
A obra estaría rematada a finais de 2029. A seis meses do mundial. A FIFA esixe un estadio con máis de 40 mil espectadores e en decembro Balaídos recibirá a visita dos seus inspectores. Con esta obra e coa obra de gol, Balaídos aumentaría en catorce mil espectadores a súa capacidade. Agora queda o máis importante. O acordo entre as institucións para financiar unha reforma cun custe aproximado de 100 millóns de euros