Cargando resultados...
Vigo acenderá o seu Nadal o sábado 14 de novembro
Ás oito en punto da tarde o alcalde prenderá a luz da árbore, iniciando así "o Nadal no planeta"
G24.gal
05/11/2026 14:02
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o acendido da iluminación do Nadal da cidade terá lugar o vindeiro sábado 14 de novembro a las 20:00 horas.
Cos preparativos xa na súa recta final, o rexedor vigués proclamou que desde ese instante a "árbore marabillosa" de Vigo vai alumar "todo o mundo".
Nun audio remitido aos medios de comunicación, Caballero explicou que o acendido da árbore de Vigo marcará o inicio do Nadal "no planeta".