Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abanca inviste 25 millóns en reformar a súa histórica sede central de Vigo

Abanca inviste 25 millóns en reformar a súa histórica sede central de Vigo

Unha vez rematen as obras de renovación do inmoble, situado na rúa García Barbón número 1, haberá un local de restauración no último piso con vistas á ría 

Na área viguesa a entidade dá servizo a 320.000 clientes e ten un volume de negocio de 17.400 millóns de euros 

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o alcalde, Abel Caballero, inauguran os servizos centrais da entidade en Vigo. EFE/Salvador Sas O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o alcalde, Abel Caballero, inauguran os servizos centrais da entidade en Vigo. EFE/Salvador Sas
G24.gal 16/11/2026 16:30

A entidade financeira Abanca presentou este luns os novos servizos centrais da súa sede en Vigo tras unha reforma que se enmarca dentro dunha actuación global no histórico inmoble da avenida García Barbón 1 cun investimento total que supera os 25 millóns de euros.

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, encabezaron este acto no edificio histórico do banco na avenida García Barbón de Vigo, ao que asistiu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e uns 550 profesionais do equipo da entidade bancaria.

Despois de reformar a oficina principal e crear o espazo Abanca Innova, o banco transformou por completo os espazos destinados aos servizos centrais, a dirección territorial de Vigo e Abanca Conecta, explica a entidade financeira nun comunicado.

No último piso haberá un local de restauración con vistas 

Ademais, continúan as obras nas plantas superiores para habilitar áreas institucionais, de banca privada, espazos para socios de primeiro nivel e un proxecto de restauración no último piso con vistas panorámicas á ría.

En total, actuouse nesta fase sobre máis de 6.500 metros cadrados, polo que xa se transformaron 8.400 metros cadrados no inmoble da Avenida García Barbón.

As instalacións están deseñadas para promover o traballo colaborativo e flexible, crear espazos máis abertos e incorporar a última tecnoloxía. Ademáis son máis sostibles, tanto na súa construción como no seu uso diario, segundo a entidade.

Ao redor do patio central coroado por un atrio acristalado a 40 metros de altura, sitúanse mesas compartidas xunto ás fiestras para aproveitar a luz natural, 34 salas de reunións, 35 cabinas individuais, 16 salas abertas e zonas pícnic, ademáis de novos protocolos ambientais para reducir o consumo de auga, papel e enerxía.

81 sucursais en Vigo e a súa área

A entidade enmarca esta remodelación no seu compromiso con Vigo e a súa área metropolitana, onde lidera a capacidade comercial bancaria con 81 sucursais e ao redor de 1.000 profesionais que dan servizo a uns 320.000 clientes e xestionan un volume de negocio superior aos 17.400 millóns de euros.

Este arraigamento complétase con decenas de convenios con axentes do tecido produtivo vigués, a actividade sociocultural de Afundación e a oferta formativa da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) no seu campus da Avenida de Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade