Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dobre derrota galega na Eurocup Women fronte aos líderes invictos dos seus grupos

Dobre derrota galega na Eurocup Women fronte aos líderes invictos dos seus grupos

Os dous representantes galegos na Eurocup Women pecharon a quinta xornada da fase de grupos sen poder sumar a domicilio nas pistas dos líderes invictos dos seus respectivos grupos

O Baxi Ferrol caeu en Turquía diante do vixente campión, o Mersin (93-57), mentres que o Durán Maquinaria Ensino plantou cara en Polonia pero acabou cedendo ante o Gorzów (94-86)

G24.gal 26/11/2026 20:57 Última actualización 26/11/2026 21:05

O Baxi Ferrol e o Durán Maquinaria Ensino pecharon a quinta xornada da fase de grupos da Eurocup Women con senllas derrotas nas pistas dos líderes invictos dos seus grupos: as ferrolás caeron en Turquía diante do vixente campión, o Mersin (93-57), e as lucenses cederon en Polonia fronte ao Gorzów (94-86).

Mersin 93 – 57 Baxi Ferrol (Grupo D): Tras unha maratoniana viaxe, o cadro ferrolán competiu con garra na primeira metade e chegou empatado ao peche do primeiro cuarto grazas ao impulso de Gala Mestres, Galícková, Doogan e Tayra. Porén, as perdas de balón, o acerto exterior local e o bonus de faltas abriron unha brecha de trece puntos ao descanso que o poder ofensivo turco ampliou na segunda parte malia os triplos de Leite, Shaw, Melia e Castedo. O Baxi queda cun balance de 1-4.

Gorzów 94 – 86 Durán Maquinaria Ensino (Grupo J): No seu regreso a Europa cinco temporadas despois, o conxunto lucense plantou cara e asinou un gran encontro ofensivo a domicilio, pero acabou cedendo por oito puntos na pista do líder invicto do grupo. Co balance en 2-3, o Ensino mantén vivas as súas opcións de acceder á seguinte fase (pasan os dous primeiros de cada grupo e as catro mellores terceiras).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade