Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas resultan feridas tras acabar o seu coche no tellado dun alpendre en Arteixo

Dúas persoas resultan feridas tras acabar o seu coche no tellado dun alpendre en Arteixo

O coche fóiselles da vía e atravesou unha zona de leiras antes de percorrer varios metros polo aire e acabar sobre o tellado do alpendre

Imaxe cedida Imaxe cedida
G24.gal 12/09/2026 09:42

Dúas personas quedaron feridas esta medianoite tras acabar co seu coche no tellado dun alpendre en Arteixo.

Un particular alertou o 112 Galicia de que un coche acabara sobre o alpendre dunha vivenda situada á altura do quilómetro 4 da DP-0513, en Arteixo.

Os dous ocupantes do vehículo xa estaban fóra, aínda que precisaban asistencia sanitaria.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Carballo, do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo e voluntarios de Protección Civil da Laracha, así como os servizos de mantemento da estrada.

Os servizos de emerxencias estabilizaron o vehículo e preparárono para a súa retirada. Segundo explicaron, o coche foise da vía e atravesou unha zona de leiras antes de percorrer varios metros polo aire e acabar sobre o tellado do alpendre.

Imaxe cedida Imaxe cedida
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade