Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra o interese pola práctica da pesca recreativa en Galicia entre a xente máis moza

Medra o interese pola práctica da pesca recreativa en Galicia entre a xente máis moza

Unha afección que favorece a desconexión dixital a prol da conexión coa natureza

G24.gal 11/09/2026 21:34

Alberto e Pablo, pai e fillo, son principiantes nisto da pesca recreativa. Comezaron este verán. Aquí vémolos no Parrote, na Coruña, aprendendo de Andrés, un dos veteranos.

"Quero aprender porque teño familiares que pescan moito e eu tamén quero facer coma eles", di Pablo, de 10 anos.

A pesca de recreo en Galicia está a rexistrar un aumento significativo, con novas incorporacións. Son en gran parte xente nova.

"Xente nova, si, si. Hai moita e pescan e están aquí e moi ben. A min gústame moito porque teño netos desa idade e está moi ben", comenta Teresa, unha das veteranas.

"Eles pregúntanme e eu pregúntolles a eles. Axudámonos uns a outros. Hai que ser así", engade Andrés. 

Noveis e veteranos comparten espazos, máis aló de idades.

"Eu empecei en xuño pola miña amiga Tere. Entroume a curiosidade de vela a ela e, a verdade, relaxa bastante", comenta Vanesa.

Daniel, de 33 anos, di que el comezou "con 14 anos a base de ir con amigo, como empeza moita da xente nova de agora. Isto engancha moito".

Unha afección que favorece a desconexión dixital a prol da conexión coa natureza.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade