Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo debate sobre os desfíos da pesca

Vigo debate sobre os desfíos da pesca

O futuro a curto prazo estará marcado pola descarbonización, a dixitalización e a sostibilidade

Ao sector preocúpalle o encarecemento dos combustibles e urxe novas fontes de enerxía para a pesca 

G24.gal 10/09/2026 14:31

O prezo do combustible para buques non deixa de subir. Representa o 60 por cento dos gastos dunha marea. Por iso urxe incorporar novas fontes de enerxía á pesca e reducir a factura.

"A propia especialidade da pesca fai que este reto sexa máis difícil neste sector ca noutros", explica Mercedes Rodríguez Xerente Adxunta de ARVI.

 O desafío de pescar con máis intelixencia e precisión en barcos máis seguros e ecoeficientes.

"Usamos uns aparellos que van a metade de auga, non tocan o fondo, conseguimos menos resistencia e polo tanto menos consumo", di .Javier Touza, presidente de ARVI

O sector busca adaptarse aos cambios e solucionar a falta de remuda xeracional que o lastran desde hai anos. 

"Levamos varios anos cos luces vermellas acesas e o problema segue ahi, non está resolto" asegura Edelmiro Ulloa, xerente de ARVI.

Unha pesca baseada na sotibilidade e na total trazabilidade.

"O consumidor cada vez é máis esixente e esixe estar ben informado", engade Javier Touza.

Sobre o futuro da pesca falouse en Vigo neste encontro organizado pola cooperativa de armadores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade