Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo activa as zonas de baixas emisións en catro puntos, cun ano de adaptación sen sancións

Vigo activa as zonas de baixas emisións en catro puntos, cun ano de adaptación sen sancións

Sitúanse no centro, a contorna da praza de Portugal e os barrios do Calvario e Bouzas

Un dos carteis instalados nas zonas de baixas emisións de Vigo (TVG)
G24.gal 10/09/2026 15:39

Vigo conta desde este xoves con 4 zonas de baixas emisións coas que se pretende mellorar a calidade do aire da cidade. Os catro espazos acoutados sitúanse no centro, a contorna da praza de Portugal e os barrios do Calvario e Bouzas.

Os carteis e as sinalizacións de piso xa están colocados naqueles puntos que delimitan o perímetro das zonas de baixas emisións, que dispoñen tamén de cámaras de control de acceso. Entre os veciños, opinións diversas.

"Supoño que por aquí non poderei aparcar nalgúns treitos, nalgunhas zonas. Pero tampouco me importa moito", afirma un

"É que me amola máis porque a miña casa está dentro da zona e o meu coche é dos que non poden entrar", explica outro

A implantación destes novos espazos establece un período de transición dun ano para facilitar a adaptación da cidadanía. Durante ese tempo non se sancionará os que incumpran as restricións de acceso.

"Teño coche, pero non o traio ao centro. Móvome en transporte público", explica un condutor

A normativa establece tamén unha vintena de excepcións que benefician os residentes, profesionais e empresas, servizos esenciais e outros colectivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade