Ánxeles Vázquez e Nicolás Vázquez toman posesión como conselleiros de Política Social e Medio Ambiente
Ánxeles Vázquez e Nicolás Vázquez toman posesión como conselleiros de Política Social e Medio Ambiente
Ánxeles Vázquez, na toma de posesion como consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Ás 9:00 da mañá toman posesión no Pazo de Raxoi os novos conselleiros da Xunta de Galicia. Tras a marcha de Fabiola García, que irá de número 2 do PP ao Congreso pola provincia da Coruña, o presidente, Alfonso Rueda, optou por mover de departamento a Ánxeles Vázquez e colocala na consellería de Política Social que ostentaba García.
A fronte da carteira de Medio Ambiente e Cambio Climático sitúa a Nicolás Vázquez Iglesias, quen era ata hoxe secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético na Consellería de Economía e Industria.
Os dous toman posesión esta mañá no Pazo de Raxoi. Un acto que poden seguir en directo en G24.gal.