Cargando resultados...
Morre un mariñeiro accidentado nun pesqueiro na costa do Morrazo
O sinistro produciuse cando o barco pescaba na Costa da Vela
O falecido foi trasladado ao porto de Vigo, onde o pesqueiro atracou de madrugada
G24.gal
18/08/2026 12:32
Un mariñeiro faleceu este martes tras sufrir un accidente laboral a bordo dunha embarcación pesqueira que pescaba na Costa da Vela, na península do Morrazo.
En concreto, o falecido operaba no barco Praia de Cesantes, que atracou posteriormente de madrugada no porto de Vigo co cádaver a bordo.
A Policía Xudicial da Garda Civil asumiu a investigación deste caso.
Tras o levantamento do cadáver, practicaráselle a autopsia para determinar as causas da morte.