Falece un operario ao caerlle unha póla enriba mentres traballaba en Ortigueira
Foi un particular quen alertou a emerxencias sinalando que azona era accesible pero que o home permanecía semiinconsciente
Finalmente cando chegaron os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento
Imaxes do lugar do accidente laboral en Ortigueira
Un home faleceu este martes ao caerlle unha póla enriba mentres traballaba nunha zona de monte da parroquia das Neves, na localidade coruñesa de Ortigueira, contra o mediodía.
Foi un particular quen alertou á central de emerxencias do acontecido, sinalando que azona era accesible pero que o home permanecía semiinconsciente.
Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmou a mobilización do seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil e da Policía Local de Ortigueira.
Finalmente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.