Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un bebé de 20 meses por un golpe de calor en Fuerteventura

Morre un bebé de 20 meses por un golpe de calor en Fuerteventura

O menor faleceu tras ser trasladado ao Hospital Materno Infantil de Gran Canaria durante o episidio de altas temperaturas 

G24.gal 04/08/2026 10:14

Un bebé de 20 meses faleceu tras sufrir un golpe de calor en Fuerteventura durante a fin de semana, segundo confirmou a Consellería de Sanidade das Canarias. 

O menor foi atendido inicialmente no Hosptal de Fuerteventura e, posteriormente, trasladado ao Hospital Materno Infantil de Gran Canaria, onde morreu na madrugada do sábado ao domingo. 

O falecemento produciuse no marco do episodio de altas temperaturas que afecta ao aquipélago canario, con rexistros de ata 40 graos en distintos puntos das illas. As autoridades sanitarias notificaron o caso ao Ministerio de Sanidade como unha morte causada por un golpe de calor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade