Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hostaleiros da Coruña preparan menús especiais para acompañar a data da eclipse

Os hostaleiros da Coruña preparan menús especiais para acompañar a data da eclipse

Música e festa completan a programacion coa que o sector quere animar as rúas coincidindo coa data histórica do 12 de agosto

G24.gal 05/08/2026 14:44

Un atardecer dende o Monte de San Pedro é sempre unha compañía perfecta para un menú con estrela. A hsitórica data do 12 de agosto non podía ser menos.

"Este sitio é unha maravilla todos os días e ese días imos prestar algo máis de atención se cabe e poder dar cabida a todos cantos nos están chamando", Iria Espinosa, de Árbore da Veira.

Unha proposta gastronómica especial con pratos tan suxerentes coma un coctail de m ezcal e herbas do Monte, No menú tampouco han faltar os produtos do mar. E como sobremesa...

"Unha bóla de ouro que adoitamos facer dourada pero ese día ímola facer gris porque vai simular a lúa", explica Espinosa.

A hostalería da Coruña quenta motores para unha xornada histórica coas reservas case ao completo. Especialmente en toda a fachada marítima do Orzán onde os pequenos establecementos preparan tamén alternativas.

"Algunhas tapas, darlle lentes á xente e quizais tamén unha churrascada", asegura Washington Magnin. 

A música vai completar toda unha programación complementaria coa que o sector hostaleiro quere poñer o seu grao de area nesta data.

"Imos montar unha pequena festa para que a xente que quedou sen reserva que poidan tamén gozalo".

E gozar dun acontecemento único con estas vistas ao Atlántico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos