Publicador de contidos

Publicador de contidos

España vivirá unha eclipse solar un século despois

España vivirá unha eclipse solar un século despois

O fenómeno do 12 de agosto será o primeiro visible desde a Península desde 1912 e iniciará unha tríade deles 

Europa Press - Arquivo Europa Press - Arquivo
G24.gal 04/08/2026 09:32

A eclipse total do Sol do vindeiro 12 de agosto será un acontecemento astronómico excepcional. Ademais de converter Galicia na porta de entrada do fenómeno na Península Ibérica, será a primeira eclipse total visible desde territorio peninsular en máis de cen anos e a primeira en España desde 1959, cando só puido observarse nas illas Canarias. 

A banda de totalidade atravesará a Península de oeste a leste e pasará por numerosas capitais de provincia, entre elas A Coruña, Lugo, León, Bilbao, Zaragoza, Valencia ou Palma. O fenómeno comezará arredor das 19:30 horas e alcanzará a totalidade sobre as 20:30, cando a Lúa ocultará completamente o Sol durante un par de minutos nalgúns puntos do país. 

España, un referente histórico para observar eclipses 

España xa foi protagonista doutras grandes eclipses totais ao longo da historia. No século XIX, os fenómenos de 1860 e 1870 atraeron expedicións científicas internacionais e permitiron realizar algúns dos primeiros estudos fotográficos da coroa solar. 

Especial relevancia tivo a eclipse de 1860, observado desde Rivabellosa (Álava), onde o astrónomo británico Warnen De la Rue conseguiu demostrar mediante fotografías que as protuberancias solares pertencen ao Sol e non eran un defecto óptico. 

Xa no século XX, as eclipses de 1900, 1905 e 1912 foron coñecidas internacionalmente como as "eclipses españolas", ao converter España nun dos mellores lugares do mundo para a súa observación e atraer investigadores de numerosos países. 

O precedente das Canarias 

A última eclipse total visible desde España produciuse o 2 de outubro de 1959, aínda que a súa banda de totalidade só atravesou as illas de Tenerife, Gran Canaria e Fuerteventura. 

Aquel acontecemento reuniu numerosos científicos internacionais e contribuíu ao desenvolvmento da investigación astronómica nas Canarias, hoxe unha das principais referencias mundiais neste ámbito. 

A primeira dunha serie de tres eclipses

O 12 de agosto de 2026 será a primeira dunha serie de tres grandes fenómenos astronómicos consecutivos visibles desde España. O 2 de agosto de 2027 producirase outra eclipse total, desta vez con maior duración e especialmente visible no sur peninsular, mentres que o 26 de xaneiro de 20028 poderá observarse unha eclipse anular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade