Publicador de contidos

Publicador de contidos

As claves para ver a eclipse con seguridade

As claves para ver a eclipse con seguridade

Unha guía para planficar a observación e evitar os erros máis frecuentes 

Consulta aquí as zonas de mellor observación

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 03/08/2026 09:34

A eclipse total de Sol do próximo 12 de agosto será un dos acontecementos astronómicos máis importantes das últimas décadas. Cruzará España de oeste a leste, desde Galicia ata Baleares, e espérase que atraia centro de miles de visitantes. Para gozalo con seguridade é importante planificar o desprazamento e protexer correctamente a vista. 

Onde se verá a eclipse? 

Galicia será a porta de entrada da eclipse total de Sol na Península Ibérica. A totalidade poderá verse na maior parte da provincia da Coruña, en boa parte de Lugo e nalgunhas zonas do norte e do leste de Ourense. En cambio, na provincia de Pontevedra a eclipse será parcial, aínda que a ocultación do Sol superará o 90 % en moitos puntos. 

Onde é mellor observala? 

Ao producirse ao solpor, os expertos recomendan escoller un lugar cun horizonte completamente despexado cara ao oeste, sen edificios, montañas nin árbores que impidan a visión. 

O Observatorio Astronómico Nacional lembra que España atópase ao final da franxa de totalidade, polo que o Sol estará moi baixo sobre o horizonte durante o fenómeno. 

Pódese mirar directamente ao Sol? 

Non. Mirar directamente ao Sol pode provocar unha queimadaura irreversible na retina. 

Segundo explica a investigadora da Universidade Complutense Elena Salobar, o sistema óptico do ollo funciona como unha lupa que concentra toda a enerxía luminosa sobre a fóvea, a zona responsable da visión máis precisa. 

O resultado pode ser unha lesión permanente na retina. 

Por que durante unha eclipse é aínda máis perigoso? 

Durante unha eclipse parcial a luz ambiente diminúe e a pupila dilátase. Iso fai que moitas persoas teñan a falsa sensación de que poden mirar ao Sol se molestias. 

Porén, a radiación ultravioleta e infravermella continúa chegando ao ollo e poder provocar lesións graves. 

Serven unhas lentes de sol normais?

Non. As lentes de sol convencionais, mesmo as máis escuras, non bloquean a radiación ultravioleta nin a ifravermella. Ademais, ao reducir a luz visible fan que a pupila permaneza máis aberta, o que incrementa o risco de lesión. 

Tampouco deben utilizarse radiografías, cristais afumados nin observar a eclipse con cámaras. prismáticos ou telescopios que non dipoñas dos filtro adecuados. 

Que lentes hai que usar? 

Só son seguras as lentes homologadas para eclipses que cumpran coa norma internacional ISO 12312-2. 

Antes de utilizalas convén comprobar que non estean retraídas, perforadas nin deterioradas. 

Os expertos recomendan poñelas antes de mirar ao Sol, observar durante poucos segundos e baixar depois a mirada. Sempre deben empregarse facendo pequenas pausas. 

A través delas só debería verse o disco solar. Se permiten disinguir outras fontes de luz, non ofrecen a protección necesaria. 

Hai outras formas seguras de observalo? 

Si. Tamén poden utilizarse filtros solares específicos para telescopios e prismáticos, sempre colocados no obxectivo e nunca no ocular. 

Outra opción é a observación indirecta mediante unha caixa estenopeica ou empregando pequenos orificios que proxecten a imaxe do Sol sobre unha superficie. Unha espumadeira, un coador ou mesmo os dedos entrelazados poden servir para este fin. 

Cando se poden quitar as lentes? 

Só durante a fase de totalidade absoluta e unicamente nas zonas onde a Lúa cobre completamente o Sol. 

En canto apareza o primeiro raio solar hai que volver poñelas inmediatamente para evitar lesións na retina. 

Hai que planificar o desprazamento? 

Si. O Ministerio de Economía estima que a eclipse atraerá 446.770 turistas ás provincias situadas na franxa de totalidade e ás súas áreas de influencia entre o 10 e o 16 de agosto. Deles, máis de 164.000 serán estranxeiros e preto de 283.000 residentes. 

As autoridades recomendan organizar a viaxe con antelación, evitar deterse nas beiravías, levar auga e protección fronte á calor e consultar sempre a información oficial. Tamén lembran que haberá risco elevado de incendios forestais en moitas zonas. 

E se non podo saír velo? 

 A CSAG ten prevista unha programación especial para seguir a eclipse, que arranca dous días antes cunha canle FAST en AGalega.gal 

Se non é posible observalo este ano, haberá dúas novas oportunidades: unha eclipse total o 2 de agosto de 2027, visible no sur da Península, e unha eclipse anular o 26 de xaneiro de 2028. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar