A eclipse desde o radar do Iroite
O Escuadrón de Vixilancia Aérea 10, con base na serra do Barbanza, supervisará calquera incidencia nas comunicacións
O EVA-10 de Noia é un dos enclaves principais do Exército do Aire e o Espazo en Galicia
A case 700 metros sobre o nivel do mar, a bóla do radar militar do Iroite, na serra do Barbanza, marca un dos dous enclaves do Exército do Aire e do Espazo en Galicia. Nas súas instalacións, por exemplo, realizan as prácticas de tiro os efectivos do aeródromo de Santiago. Pero o principal labor deste escuadrón de vixilancia aérea é garantir a operativa do radar.
"O noso radar é de tipo lanza e tridimensional, co cal ve 360º á redonda, nun radio de entre 400 e 800 quilómetros", detallou Javier Marcos Barreiro, o Comandante responsable do EVA-10.
Antes de subir, visitamos o almacén de repostos, e vemos os catro grupos electróxenos que garantirían o funcionamento desta inferatestrutura mesmo cun apagón eléctrico moi prolongado.
Escuadrón de Vixilancia aérea número 10 de Noia
"Temos tamén un aeroporto, e unha caseta de radio onde compartimos algún equipo coa AEMET", di Javier Marcos Barreiro, o comandante responsable do EVA-10.
Desde arriba, a vista é privilexiada. O radar dá un xiro completo, 360º, cada seis segundos.
"O radar primario envía un sinal e recibe un eco e o radar secundario o que fai é recibir a resposta do transpondedor do avión, un código de catro díxiros que permite saber que avión é e que ruta segue", explica Javier Marcos Barreiro, o comandante responsable do EVA-10.
O protocolo durante a eclipse é facer unha comprobación no momento en que se produza este fenómémnos para ver se dalgún xeito está interferindo ou non, "pero pensamos que o máis probable é que non vai interferir", conclúen os efectivos do EVA-10.