Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que pasa se hai nubes o día da eclipse solar?

Que pasa se hai nubes o día da eclipse solar?

Se as nubes ou a brétema do litoral cobren o ceo, non se poderá ver a coroa solar, pero a eclipse vaise sentir

Aínda que haxa nubes, a protección ocular homologada segue a ser imprescindible

G24.gal 29/07/2026 14:11 Última actualización 29/07/2026 14:17

A espectación pola eclipse solar é incuestionable, pero o que non está tan claro é que pasa se ese día está anubrado.

Se as nubes ou a brétema do litoral cobren o ceo, non se poderá ver a coroa solar, pero a eclipse vaise sentir. Percibirase a diminución da luz, entre outras cousas.

"A natureza ralentízase, os animais tenden a buscar refuxios. Os animais domésticos tenden a meterse nos sitios onde se teñen que meter polas noites. Hai un cambio de temperatura substancial porque diminúe a cantidade de radiación que recibimos do sol. Ás veces sopra como o aire nocturno, cun pouco de fresco", explica Eduardo Ojero, astrónomo.

Aínda que haxa nubes, a protección ocular homologada segue a ser imprescindible. 

"Aínda que haxa nubes, o que máis afecta a eclipse é a nosa retina. Ti non vas notar nada. O que se queima é a retina. Pode haber un dano visual grave e no momento non te dás conta, pero despois non ten solución", lembra Carmen Rodríguez, responsable dunha óptica.

O mellor é conseguir as lentes e ser optimistas. E, se as nubes impiden a observación, haberá que estar atento ás outras sensacións que acompañan a eclipse solar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos