Publicador de contidos

Publicador de contidos

As nubes esconden a Lúa sobre o ceo galego e non permiten a observación da eclipse

As nubes esconden a Lúa sobre o ceo galego e non permiten a observación da eclipse

O Sol, a Terra e a Lúa aliñaronse esta madrugada e a sombra do planeta proxectouse sobre o disco luar ocultando ata o 93 % da superficie do satélite

Composición da evolución da eclipse vista desde Gran Canaria (Reuters/Borja Suárez) Composición da evolución da eclipse vista desde Gran Canaria (Reuters/Borja Suárez)
G24.gal 28/08/2026 08:27

As previsións do tempo non fallaron. Prevíase para esta madrugada de venres un ceo cuberto e con chuvias e así foi. O caso é que non era unha noite calquera: era a quenda da Lúa. Dúas semanas despois da histórica eclipse solar, esta madrugada o satélite terrestre protagonizaba unha eclipse parcial, que finalmente desde Galicia apenas se puido intuir entre escampadas e o paso das nubes. 

Noutras latitudes da Península e en boa parte do planeta si se puido observar esta eclipse parcial, moi próxima de ser total, no que a sombra terreste ocultou o 93 % da superficie da Lúa.

O Sol, a Terra e a Lúa aliñaronse e a sombra do planeta proxectouse sobre o disco luar, que se tinguindo progresiamente dunha cor entre vermella e laranxa polo efecto do filtro da luz do sol a través da atmosfera terrestre, que bloqueou gan parte dos tons azusis deixando pasar sobre todo esa luz vermella.

En Europa e África, o fenómeno produciuse nas horas previas ao mencer. Na península Ibérica o momento álxido produiuse ás 06:13 cando a sobra da terra ocultou o 93 % do disco lunar.

En América do Norte, por exemplo a eclipse coincidiu coa saída da Lúa, durante o tardiña, mentres que en América do Sur produciuse preto da medianoite. Non foi visible nin en Asia nin Oceanía.

Os que puideron observala complaron as cinco etapas da eclipse de Lúa: a penumbra, na que a sombra da Terra borra o bordo dianteiro da Lúa; a umbra, que produce un dramático oscurecimiento no bordo inferior esquerdo do disco lunar, e a eclipse máxima, cando o astro se tingue de vermello. Nas dúas seguintes o proceso é o inverso e a Lúa recupera paulatinamente o seu brillo inicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade