Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación turística mantense por enriba dun 80% de media

A ocupación turística mantense por enriba dun 80% de media

Os turistas concéntranse na costa e pasan unha media de 4,5 noites 

A eclipse e as boas temperaturas destes meses reforzaron as visitas

G24.gal 15/08/2026 14:18

O turismo deste verán en Galicia mantivo as cifras do ano pasado e segundo as previsións os visitantes que chegan estes días seguirán ocupando un 80% dos establecementos turísticos

"As previsións do principio do verán de que podiamos ter unhas estancias moi boas, con índices de pernoctación moi boas, similares ás do ano pasado estanse cumprindo. Remataremos agosto en torno a un 80 ou 82% de ocupación global en toda Galicia", asegurou o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

As estancias, nalgúns casos, fóronse reducindo debido á inflación e tamén se percibe unha redución no consumo por turista pero canto máis soben as temperaturas na Península máis demanda ten Galicia. 

"Viamos que o ano pasado estabamos de media arredor de cinco noites por turista e este ano estaremos nun 4,5. Imos esperar os datos de finalización do verán pero son cifras similares. Espérase un incremento do 1 ou o 2% con respecto ao ano pasado. O clima está axudando moito e o escaparate que foi a eclipse demostrou que temos potencial para seguir atraendo turistas"

O litoral galego, tanto o Atlántico como o Cantábrico, concentra a maior parte do turismo pero seguen medrando tamén os visitantes na Ribeira Sacra e outras zonas do interior máis descoñecidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade