Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escapadas dende Galicia para coñecer na ponte de decembro os mercados máis tradicionais de Europa

Escapadas dende Galicia para coñecer na ponte de decembro os mercados máis tradicionais de Europa

Budapest, Praga, Viena e Frankfurt son os destinos máis demandados dende Galicia

Do turismo nacional destacan os arquipélagos e Madrid

Os destinos de proximidade mesmo, e mesmo a propia cidade, son outras opcións

G24.gal 26/11/2026 07:22

Europa e os seus mercados de Nadal están entre as opcións preferidas dos galegos e galegas que poden permitirse viaxar na ponte de decembro. Budapest, Praga, Viena ou Frankfurt son os destinos máis demandados, explica dende Viaxes Almar en Lugo, Alexia Cazón.

Moitos dos paquetes turísticos para a vindeira ponte están esgotados. Son viaxes dunha duración de cinco días, algunhas con voos directos dende Santiago de Compostela, que inclúen visitas a eses mercados tradicionais para vivir o ambiente de Nadal.

"Marcho de viaxe a Laponia coa miña familia, ver a Papá Noel".

Hai outras escapadas que se planifican con moita anterioridade e cun maior orzamento. Son as que teñen como destino Laponia.

"Xa dende o verán están pedindo prazas para as viaxes de decembro. É algo que boa moi rápido", engade Alexia Cazón. 

O turismo nacional tamén move as galegas e os galegos nesta ponte, cos arquipélagos e Madrid como principais destinos.

O turismo de proximidade é a opción maioritaria, con múltiples posibilidades en Galicia e arredores para coñecer tamén as decoracións de Nadal e gozar das propias cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar