Publicador de contidos

Publicador de contidos

Padrón gaña o premio nacional Pobo Máxico 2027

Padrón gaña o premio nacional Pobo Máxico 2027

O galardón recoñece a posta en valor do patrimonio histórico e natural, a xestión turística e a implicación do sector servizos

TVG TVG
G24.gal 16/11/2026 19:53

O municipio coruñés de Padrón foi galardoado co premio Pobo Máxico de 2027, a máxima distinción concedida pola rede Pobos Máxicos de España no marco dos seus premios nacionais.

O galardón recoñece a posta en valor do patrimonio histórico, o patrimonio natural, a xestión turística, a implicación do sector servizos, a innovación e a comunicación nos territorios que forman parte desta rede. 

Xa foi Pobo Máxico de Galicia en 2025

Este recoñecemento chega despois de que Padrón fose nomeado Pobo Máxico de Galicia en 2025 e acollese, en outubro, o VI Encontro Nacional de Pobos Máxicos de España.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, celebrou a concesión deste premio que "evidencia o enorme peso e proxección" do atractivo turístico e "o empeño" do Concello e do sector servizos para dar unha oferta turística de "enorme calidade, que cada vez é máis coñecida en España e no mundo".

"Supón un recoñecemento ao traballo que se fai para poñer en valor todo aquilo que fai de Padrón un destino singular: a nosa historia, o noso patrimonio, a nosa cultura, as tradicións, a gastronomía, a paisaxe e, por suposto, as persoas que lle dan vida ao municipio", remarcou o rexedor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade