O temporal deixa máis de 230 incidencias este luns en Galicia
Os refachos de vento chegaron aos 137 km a hora en Viveiro e en Santa Comba acumuláronse 69,5 litros de auga por metro cadrado
Habilitan dúas vías alternativas para os veciños de San Vicente de Leira
Interrompida a circulación entre Cudillero e Ribadeo pola caída dunha árbore na vía
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia xestionou un total de 232 incidencias relacionadas cos fenómenos meteorolóxicos adversos entre a medianoite e as 18 horas deste luns
Neste mesmo intervalo horario, a sala de operacións atendeu un total de 1.402 chamadas por diversas emerxencias en toda a comunidade
A maior parte dos avisos estiveron motivados polas refachos de vento e as precipitacións, con especial impacto na rede viaria
En Viveiro os refachos chegaron aos 137 km/h e en Vimianzo e Cedeira acadaron os 131 km/h.
Pista do aeroporto da Lavacolla, en Santiago de Compostela
Problemas no tráfico aéreo
O vento tamén dificultou as aterraxes de varios avións con destino Galicia.
Na mañá deste luns, os refachos impediron que tomaran terra en Santiago dous voos procedentes de Bilbao e Madrid.
Pola tarde aconteceu o mesmo con outro avión procedente tamén da capital de España e que debía aterrar no aeroporto vigués de Peinador. Nos 3 casos, os voos foron desviados á Coruña, desde onde os pasaxeiros completaron a viaxe en autobús.
Por distribución xeográfica, a provincia da Coruña acumulou o maior volume de actividade con 104 incidencias, seguida de Pontevedra (62), Lugo (46) e Ourense (18)
Activado o plan INUNGAL
A Xunta mantén activo o Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia (INUNGAL) en fase de preemerxencia
En Santa Comba acumuláronse 69,5 litros por metro cadrado e en 68,6 litros no Val do Dubra.
Polo momento, ningunha estación hidrolóxica supera os limiares de seguimento, centrándose o operativo na observación continua dos cursos fluviais
Desde o 112 Galicia lémbrase á cidadanía a importancia de extremar a precaución ao volante moderando a velocidade, evitar achegarse ás beiras dos ríos, diques ou paseos marítimos, e retirar obxectos de balcóns e xanelas susceptibles de caer á vía pública