Cargando resultados...
Falece unha persoa despois de ser atropelada por un coche no Porto do Son
Os feitos ocorreron sobre las 08:00 horas na AC-550, en Goiáns, e foi a condutora do coche implicado a que deu a voz de alarma
Unha vez no punto, os profesionais médicos só puideron confirmar o falecemento da vítima
G24.gal
26/11/2026 09:27
Unha persoa perdeu a vida na mañá deste xoves despois de ser atropelada na localidade coruñesa do Porto do Son. Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre las 08:00 horas na AC-550, en Goiáns, e foi a condutora do coche implicado a que deu a voz de alarma.
Tal como explicaba, a persoa atropelada estaba ferida moi grave, polo que se deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, á Garda Civil e ao GES de Noia. Unha vez no punto, os profesionais médicos só puideron confirmar o falecemento da vítima.