Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Porto do Son .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Porto do Son .

Porto Do Son

Imaxe deste martes do lugar en que se produciu o accidente na estrada AC-550 en Portosín e Porto do Son

Investigan quen conducía un coche que deixou danos de máis de 3.000 euros en Porto do Son

07/11/2023 14:11

As circunstancias en que se produciu unha saída de vía, en noite de temporal nunha zona con poucos residentes, axudaron a que dez días despois do sinistro non se saiba quen conducía o coche


Preocupación en Portosín pola mortaldade de gaivotas

15/10/2023 20:09

Desde hai semanas aparecen gaivotas mortas tamén na ría de Arousa e nótase que hai menos exemplares en todas as Rías Baixas


Iago López Marra, campión de Europa en embarcacións a vela de alta velocidade

26/09/2023 17:20

O de Portosín celebrou o triunfo xunto a Allan Norregaard e Janne Jarvine

Categorías:  Porto do Son   Deportes
Etiquetas:  VELA

Manoliño volveuse deixar ver en augas de Portosín

20/08/2023 20:20

Non debemos interactuar co golfiño galego 

A lei prohibe tocar este tipo de animais e podemos ser sancionados


O

Continúa a busca do patrón galego desaparecido fronte ás costas de Panamá

09/07/2023 08:14

Varios barcos tentan localizalo na zona onde se lle perdeu a pista a bordo do Cosmos

Veciño de Porto do Son, ía coller un avión para regresar á casa e comezar as vacacións

 


Doce concellos pendentes da súa constitución contan xa con novas corporacións

07/07/2023 12:35

Noia, Muros, Ribeira, Porto do Son, Outes, Mazaricos, Corcubión, Lousame, Boiro e Celanova celebraron plenos de investidura


Armas comisadas/ Garda Civil

Incáutanse de varias armas de fogo e brancas en Porto do Son grazas ao aviso duns turistas

24/06/2023 15:07

A Garda Civil encontrou nun turismo dun veciño da localidade da Barbanza dúas escopetas de aire comprimido, un revólver de fogueo, unha pistola eléctrica e tres navallas


Comisados 244 quilos de sardiña que excedían a cota diaria dun barco en Portosín

13/06/2023 09:18

As sardiñas comisadas seran recollidas polo Banco de Alimentos de Santiago de Compostela 


Porto do Son ultima os preparativos para as alfombras florais do Corpus

09/06/2023 14:17

Nesta vila do Barbanza levan un mes traballando para confeccionar 300 metros de alfombra 


Imaxe parcial da Silva, en Porto do Son, a finais de abril pasado

Piden que o Concello do Porto do Son acondicione o camiño do Mariño

09/05/2023 14:16

Os veciños da Silva din que o alcalde se comprometeu a preparar a vía hai cinco anos, ao asumir as dificultades para a mobilidade en coche pola aldea


Comeza a campaña de resinado dos piñeiros en Baroña

24/04/2023 15:08

A comunidade de montes prevé extraer este ano arredor de 50 toneladas de resina, que venden integramente a unha fábrica en Segovia


Rogelio grava os vídeos mentres traballa para amosar como é a profesión fielmente

Rogelio Santos, pescador 'influencer': "O mariñeiro debería ser un protector do mar"

17/04/2023 13:41

Este mariñeiro do Porto do Son fíxose viral cos seus vídeos divulgativos sobre a profesión e o coidado do medio mariño


Imaxe deste mércores da embarcación incendiada horas antes en Porto do Son

Arde unha embarcación abandonada sobre o peirao de Porto do Son

22/02/2023 14:03

O sinistro tivo lugar a poucos metros de distancia do fornecedor de carburante dos barcos


Buscan en Portosín un home de 32 anos desaparecido desde o pasado xoves

20/02/2023 10:51

Trátase de Ale Dieye, un varón de complexión forte, pelo negro, ollos marróns e pel morena


O firme do camiño fendeu e parte da pista derrubouse por mor da intensa chuvia

Dúas vivendas incomunicadas por mor do derrubamento dun camiño en Porto do Son

03/01/2023 13:06

As veciñas afectadas denuncian que agora teñen que aparcar a uns 100 metros das casas e cando se fai de noite percorrer o camiño ás escuras porque non hai iluminación pública



'Lavadoiro', un proxecto audiovisual de Ana Amado e Lois Patiño

30/10/2022 14:27

O proxecto pretende reivindicar os lavadoiros como espazos de socialización do traballo doméstico e de encontro para as mulleres.

O cineasta Lois Patiño filma unha curtametraxe ambientada en tres lavadoiros da Barbanza.

Na curta participan once mulleres que lavaban nestes espazos


Catro xabarís nadando na ría da Estrela fronte a Portosín

24/10/2022 21:06

As imaxes foron gravadas polos barcos do cerco que saían ao mar


Un incendio calcina un posto de venda ambulante nas festas de Porto do Son

12/09/2022 14:21

Tres membros dunha familia ecuatoriana que durmían no interior sobreviviron grazas ao aviso dos veciños


Activo un incendio en Viana do Bolo e estabilizado o de Porto do Son

27/08/2022 11:01

82 hectáreas danadas no incendio de Porto do Son

En Lobeira as lapas queimaron 625 hectáreas


Dous detidos por un asalto con agresión e roubo en Portosín, na Barbanza

14/08/2022 12:54

A Garda Civil detivo dous homes como supostos autores dun asalto con agresión e roubo en

Evolución favorable do lume na Barbanza, sen perigo para as vivendas

07/08/2022 21:08

Arderon 2.200 hectáreas entre os concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Porto do Son

Os equipos de extinción céntranse agora en arrefriar as zonas xa queimadas


Os corpos dos mariñeiros falecidos no Albacora Cuatro chegan a Galicia

01/07/2022 18:24

Trasladados en coche dende Madrid

Este sábado daranlles o último adeus en Ribeira e Xuño


Atrásase a repatriación dos corpos dos mariñeiros do Albacora Cuatro

22/06/2022 18:18

O amoníaco liberado na explosión do barco dificulta a realización das autopsias


Veciños de Porto do Son piden afastar das súas casas a instalación dunha depuradora

17/06/2022 14:34

Denuncian que o proxecto que se paralizara hai case 13 anos por mor da localización da depuradora agora volve retomarse e situarase na mesma zona, a menos de 100 metros das casas

Temen os cheiros, pero tamén que acabe afectando a contorna natural do río e da praia do Dique 

 


Remata en Portosín a ruta náutica xacobea que arrancou en Barbate o mes de maio

13/06/2022 21:00

Sete embarcacións con 28 tripulantes participaron nesta peregrinación marítima

Completaron o camiño a Compostela cun treito a pé desde o Milladoiro

Etiquetas:  MAR   RUTAS

Unha nova parada de bus ocasiona problemas a unha familia de Portosín

08/06/2022 21:36

Din que lles limita o acceso ao garaxe e que na vila hai sitios máis seguros para colocala

Ao non chegar a ningunha solución co concello, o caso xa está na Valedora do Pobo


Morre a condutora do turismo implicado no accidente contra un furgón en Porto do Son

05/06/2022 18:23

Remata a fin de semana cunha persoa falecida nas estradas galegas

No accidente houbo outros nove feridos de distinta consideración


Dez feridos tras bateren un furgón e un turismo en Porto do Son

04/06/2022 12:49

Os dous vehículos chocaron na AC-550, nas proximidades do areal da Aguieira

 

 


Danan varios gravados do petróglifo da Gurita, en Porto do Son, unha xoia da arte rupestre

16/05/2022 08:47

Técnicos de Patrimonio que examinaron a estación rupestre constatan que os danos son leves e que non fará falta restauración

Os comuneiros piden máis información pública sobre a importancia destas mostras, que datan de hai máis de 5.000 anos


Un parapente bate na cabeza dunha muller na praia de Portosín

10/05/2022 14:56

O piloto levouna por diante mentres aterraba e causoulle unha contusión

A vítima pide que os parapentes non aterren tan preto dos bañistas para evitar novos accidentes


Atopan uns ósos que poderían ser dos kaiakistas desaparecidos en Porto do Son

11/02/2022 19:20

Os mozos desapareceran en xullo do 2020 cando facían kaiak 

Anteriormente xa apareceran ósos humanos e confirmouse que pertencían a un dos mozos


Un veciño de Porto do Son recrea os labores agrícolas tradicionais nunha mostra ao aire libre

26/01/2022 15:28

Recreou a malla, a esfolla do millo e a sementeira con figuras de tamaño real

Categorías:  Porto do Son   Sociedade
Etiquetas:  AGRO

Retómase a busca dos dous mozos que desapareceran facendo caiac en Porto do Son

19/01/2022 09:23

O mariñeiro que atopou o óso guía os mergulladores da Garda Civil


O óso atopado no mar pertence a un dos mozos desparecido ao envorcar un caiac en Porto do Son

17/01/2022 13:49

O óso atopado por un pesqueiro en decembro no mar, na costa de Porto do Son, pertence a un dos

Homenaxe a Ramón Sampedro no Día da Morte Digna

16/01/2022 16:58

Familia e amigos lembrárono con flores e música na praia das Furnas


24 anos da morte de Ramón Sampedro, quen marcou o camiño da eutanasia

12/01/2022 21:12

O sonense quedara tetrapléxico ao botarse de cabeza ao mar. Era 1968 e tiña 25 anos.

En 1996, a Audiencia da Coruña negoulle o dereito a que o axudasen a morrer

En 1998, tras 30 anos na cama, arranca un plan para que lle puxesen cianuro diante sen consecuencias legais para ninguén


A zona onde desapareceron os dous mozos está preto do peirao de Porto do Son

Atopan un óso humano onde despareceron dous mozos en caiac en Porto do Son

03/12/2021 14:04

Un palangreiro ao recoller o aparello atopou unha costela nun anzol

O Instituto de Medicinal Legal de Galicia analiza o óso para identificar a orixe


O pasado domingo, a porta da igrexa apareceu encadeada

Veciños de Porto do Son piden que lles cambien o cura

30/11/2021 20:58

O párroco ten o apoio do bispado

Os veciños acúsanos de pedirlles títulos de propiedade dos panteóns e de esixirlles que lle paguen a luz e a auga

Publicidade
Publicidade