Publicador de contidos

Publicador de contidos

Danan varios gravados do petróglifo da Gurita, en Porto do Son, unha xoia da arte rupestre

Danan varios gravados do petróglifo da Gurita, en Porto do Son, unha xoia da arte rupestre

Técnicos de Patrimonio que examinaron a estación rupestre constatan que os danos son leves e que non fará falta restauración

Os comuneiros piden máis información pública sobre a importancia destas mostras, que datan de hai máis de 5.000 anos

G24.gal 16/05/2022 08:47

A Comunidade de Montes de Baroña leva anos traballando para poñer en valor non só os recursos económicos do monte, senón tamén o seu rico patrimonio arqueolóxico. Realizan visitas periódicas con colexios da zona a esta estación rupestre da Gurita, a última a finais da semana pasada, e non apreciaron ningún dano daquela. Pero despois da fin de semana levaron unha desagradable sorpresa.

"Unhas persoas, quizais froito da ignorancia, o que fixeron foi un gravado por riba dos sucos reais dos gravados desta pedra, buscando un pouco máis de visibilidade para ver mellor os cervos gravados ou mesmo para que saíse mellor unha fotografía, pero froito da ignorancia non deixa de ser dun delicto", lamenta Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña.

Un delito cuxos autores mesmo deixaron no lugar a arma con que perpetraron o mal. "Atopamos aquí nas inmediacións do gravado un pao, onde se ve que a punta está desgastada", explica Queiruga, que engade que "os técnicos de Patrimonio consideraron que foi a 'arma do crime', coa que raiaron o petróglifo".

Para evitar que feitos coma este se repitan ou cheguen a ser incluso peores, a comunidade de montes fai unha chamada á conciencia cívica e tamén pide que as administracións doten de ferramentas de divulgación e información estas xoias do patrimonio, que, no caso da Gurita, datan de hai máis de cinco mil anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade