Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños dunha parroquia de Melide, doídos polo estrago do seu cruceiro

Os veciños dunha parroquia de Melide, doídos polo estrago do seu cruceiro

Atopárono tirado a comezos desta semana e cren que foi un acto intencionado

No Museo de Melide consideran que ten un gran valor inmaterial pola vinculación coa fonte

Os veciños aseguran que a auga da fonte do cruceiro arreda os vermes das hortas 

 

G24.gal 29/05/2025 15:00 Última actualización 29/05/2025 16:25

Para os veciños da parroquia dos Ánxeles, de Melide, a fonte da Nosa Señora é un lugar moi especial. Por iso estes días están especialmente indignados e apenados por velo tirado, tal como din que o atoparon o luns desta semana. Dóelles especialmente pensar que puidese ser un acto intencionado. 

O dano é especialmente sentido polo vínculo devocional que hai con esta fonte. Desde o Museo Terra de Melide, consideran que é precisamente isto o que lle dá un especial valor especial a este cruceiro como patrimonio inmaterial.

Cristina Vázquez Neira, arqueóloga do Museo, explica que esta peza, que pola súa tipoloxía podería ser do século XIX, se fixo sobre o manancial para santificar o lugar, por iso ten tanta significación para os veciños, que lle atribúen, entre outras cousas, o poder de arredar os vermes das hortas. 

Os veciños téñenlle devoción á auga da fonte do cruceiro de Nosa Señora Os veciños téñenlle devoción á auga da fonte do cruceiro de Nosa Señora

Tanto na parroquia coma no museo agardan que a investigación aberta dea axiña cos causantes do estrago, pero, á marxe diso, a súa prioridade é que se restaure o cruceiro e todos están dispostos a contribuír. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade